Afectada por unha combinación de crise financeira e de produtividade, a economía galega debe necesariamente potenciar unha “marca Galiza” que permita dinamizar o seu proceso de internacionalización como alternativa viable á actual recesión económica mundial e así atraer investimentos exteriores. Para iso, pode aproveitar un amplo abano de activos e fortalezas, centrados na súa dinámica diáspora, nas potencialidades exteriores da súa lingua e cultura, nas oportunidades que se abren no mundo lusófono, en especial Brasil, así como en repotenciar as súas infraestruturas, o seu mundo académico e da administración pública. A eventual concreción dunha “marca Galiza” debe recoller con precisión as prioridades e concentrar os seus esforzos en obxectivos medibles
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados