Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Espectro trófico da tartaraña cincenta "Circus pygargus" na comarca do Deza (Pontevedra)

Jesús Taboada Martínez, Martiño Nercellas Méndez

  • Preséntase información sobre a dieta da tartaraña cincenta "Circus pygargus" nunha típica área de cría do interior de Galicia (comarca do Deza, NE da provincia de Pontevedra), conformada por un mosaico de matogueiras e terras de cultivo. O traballo de campo desenvolveuse durante o período 1995-2000. A identificación das presas baseouse na análise de egagrópilas (n=173). Aínda que representou a maior proporción de capturas (55-84% en diferentes tempadas), a fracción invertebrada non supuxo a principal achega de biomasa, que estivo composta por micromamíferos, aves e réptiles (74-97%). Estes resultados gardan relación cos obtidos noutros estudos realizados en diversos lugares da área de distribución da especie, aínda que a maior abundancia de vexetación de matogueira na zona de estudo, que favorece a heteroxeneidade nos usos do solo, reflíctese nun espectro trófico máis amplo. Dentro dos territorios con colonias de cría deberíase practicar unha xestión do uso do solo que permita o mantemento do mosaico vexetal característico de zonas rasas do monte galego, con alternancia de matogueira e outros usos agrogandeiros.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus