Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Espectro trófico da tartaraña cincenta "Circus pygargus" na comarca do Deza (Pontevedra)

  • Autores: Jesús Taboada Martínez, Martiño Nercellas Méndez
  • Localización: A Carriza: revista da Sociedade Galega de Ornitoloxía, ISSN 1889-3775, Vol. 4, Nº. 2, 2009 (Ejemplar dedicado a: Actas do VI Congreso Galego de Ornitoloxía e V Xornadas Ornitolóxicas Cantábricas), págs. 73-79
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Preséntase información sobre a dieta da tartaraña cincenta "Circus pygargus" nunha típica área de cría do interior de Galicia (comarca do Deza, NE da provincia de Pontevedra), conformada por un mosaico de matogueiras e terras de cultivo. O traballo de campo desenvolveuse durante o período 1995-2000. A identificación das presas baseouse na análise de egagrópilas (n=173). Aínda que representou a maior proporción de capturas (55-84% en diferentes tempadas), a fracción invertebrada non supuxo a principal achega de biomasa, que estivo composta por micromamíferos, aves e réptiles (74-97%). Estes resultados gardan relación cos obtidos noutros estudos realizados en diversos lugares da área de distribución da especie, aínda que a maior abundancia de vexetación de matogueira na zona de estudo, que favorece a heteroxeneidade nos usos do solo, reflíctese nun espectro trófico máis amplo. Dentro dos territorios con colonias de cría deberíase practicar unha xestión do uso do solo que permita o mantemento do mosaico vexetal característico de zonas rasas do monte galego, con alternancia de matogueira e outros usos agrogandeiros.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno