Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A orientación profesional na Universidade: propostas de acción orientadora a través das TIC.

María Cristina Ceinos Sanz, Beatriz García Antelo

  • Nos últimos anos, tiveron lugar no seno da nosa sociedade un gran número de cambios a todos os niveis,derivados do progreso que nos diversos campos da ciencia se foron sucedendo. A educación como realidade social, e máis concretamente a Universidade, víronse inmersas en todo este proceso. Dende esta perspectiva, a Universidade debe ser capaz de atender ás necesidades dos estudantes, ben sexan referidas ó proceso de aprendizaxe ou ben se trate de necesidades persoais ou referidas ó seu futuro profesional (Álvarez,V. e outros, 2002). A comunicación que presentamos céntrase neste último ámbito de actuación, nas necesidades de orientación profesional dos estudantes universitarios, nun momento no que o mercado laboral sofre un gran número de transformacións: aparecen novas profesións, desaparecen outras máis tradicionais, xorden novos modelos de organización e produción,� Realizamos por tanto unha proposta de orientación profesional a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) que ten por finalidade orientar profesionalmente ós/ás universitarios/as, apoiándonos no proceso de inserción laboral.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus