Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Inclusión e exclusión social desde a educación en Europa: Proxecto INCLUD-ED

Rosa Valls, Carme Garcia Yeste, Elena Duque Sánchez

  • INCLUD-ED. Strategies for inclusion and social cohesion in Europe from education é un proxecto integrado (IP) do VIN Programa Marco da Unión Europea. Seguindo os obxectivos da Estratexia de Lisboa analiza as estratexias educativas que contribuíndo a superar as desigualdades e a promover a cohesión social en Europa, así como as que están xerando exclusión, especialmente nos grupos considerados vulnerables. No proxecto participan 14 institucións europeas e está coordinado polo centro de investigación CREA da Universidade de Barcelona. Durante os primeiros meses realizouse un Estado da Cuestión sobre a educación en Europa que analiza aquelas estratexias educativas (Iexislacións, investigacións, etc.) orientadas á inclusión social. Tamén se iniciou o seguimento de centros educativos en 5 países europeos. A participación no proxecto dos grupos vulnerables que se estudan (migrantes, persoas discapacitadas ... ) dota de maior rigor científico á investigación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus