Alfonso Barca Lozano, Humberto Morán Fraga, María A. Muñoz Cadavid
As atribuizdns causais do rendimento, mediante as que o alunado outorga a cedas tipos de causas a responsabilidade dos seus éxitos e fracasos, determinan en grande medida a motivación e a conduta de rendimento dos escolares. Pola sua parte, as metas académicas definen-se como conxuntos de crenzas, atribuizóna e afectos que regulan e dirixen a intención da conduta e en tal sentido implican formas diferentes de achegar-se, comprometer-se e responder ha actividades de logro académico. Unhas e outraa vefien de ser eatudadaa entre o alunado galego de formación profesional de grau médio (a etapa que, xunto ao bacharelato, conforma o ensino secundário pós-obrigatório). Temos encontrado que as atribuizóna controlábeis e internas (como a capacidade e o esforzo) son os determinantes máis significativos tanto do enfoque de aprendizaxe orientado so significado e á comprensión como da procura de metas de aprendizaxe, o que á sua vez se corresponde cos obtención dun rendimento zeralmente alto; mentrea que as atribuizóna incontrolábeis e externas (como a sorte, a facilidade das matérias on o profesorado) exercen unha importante infinéncia na determinación do enfoque de aprendizaxe orientado á reprodución e da procura de metas de reforzo social, ao tempo que se corresponden coa obtención de baixos níveis de rendimento
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados