O autor, despois de analizar a situación do noso país no relativo á diversidade cultural das súas rexións e aos efectos da globalización, en particular os da inmigración, esboza dúas ideas fundamentais:
1) A resposta ao desafío que todos eses fenómenos representan é unha tarefa conxunta de toda a sociedade, en concreto dos seus dirixentes e de cantos constitúen forzas vivas capaces de asumir o liderado; entre as que se atopa, sen dúbida, a escola como institución fundamental responsable da educación.
2) A resposta á situación de pluri/multiculturalidade, algo novo para o noso país, non pode ser outra que a auténticaducación, unha educación integral de natureza personalizada.
Nese marco analízase a problemática da identidade, do sentimento de pertenza e dos valores que deberían facer posible a convivencia pacífica entre persoas de diferentes culturas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados