Clics seguros en Zas é unha experiencia educativa de aprendizaxe-servizo centrada na creación dunha campaña de ciberseguridade co obxectivo de contribuír a paliar a fenda dixital na contorna. Nesta proposta, o alumnado de todas as etapas da ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) do CPI de Zas desenvolveu unha campaña de sensibilización dirixida non só á comunidade educativa, senón tamén á poboación da contorna, con especial atención nas persoas maiores. A través da elaboración de materiais accesibles e da creación de puntos ciberseguros, promoveuse o uso responsable, crítico, seguro e inclusivo das tecnoloxías. Esta experiencia educativa complementouse con outras accións como obradoiros, unha obra de teatro de ciberseguridade e a elaboración dunha guía de lecturas ciberseguras, entre outras, abordando así a ciberseguridade desde unha perspectiva integral e transversal.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados