O CEIP de Petelos é un centro de educación infantil e primaria, dunha única liña e situado nunha área rural do sur de Pontevedra, concretamente no concello de Mos. Este é o contexto no que xorde unha iniciativa de radio escolar impulsada polo programa de Radio na Biblio, a asociación pedagóxica Ponte... nas Ondas e o traballo dun equipo de mestras con inquietude por este medio de comunicación que consegue converterse nunha ferramenta pedagóxica de incalculable valor.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados