En marzo de 2025, a EOI de Lugo realizou unha mobilidade de observación a bibliotecas municipais e escolares das cidades de Lisboa e Entroncamento, en Portugal, no marco dun proxecto Erasmus+. Foi a primeira experiencia de mobilidade de alumnado e demostrou que internacionalizar desde a biblioteca escolar, considerando os programas de promoción da lectura e dinamización sociocultural que se desenvolven neste espazo, é unha boa estratexia de cara a emprender proxectos no marco dunha acreditación Erasmus+.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados