O proxecto «Iniciación á lingua galega para estranxeiros» foi realizado nunha licenza de formación para o curso 2024/25 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O propósito primeiro deste traballo foi elaborar un material en soporte dixital que permitise a primeira toma de contacto coa nosa lingua para aquel alumnado que, por proceder dun país estranxeiro ou doutra comunidade do Estado español, teña un total descoñecemento desta no momento da súa incorporación ao noso sistema educativo.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados