Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O ritmo na dramaturxia. Teoría e práctica

  • Autores: Alfonso Becerra
  • Directores de la Tesis: Carles Batlle i Jordà (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universitat Autònoma de Barcelona ( España ) en 2016
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel F. Vieites (presid.), Francesc Foguet i Boreu (secret.), Beth Escudé Gallès (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en:  TDX  DDD 
  • Resumen
    • Concluimos que o ritmo é o grao de tensión ou capacidade de suscitar atracción, interese e focalización na recepción, nunha dimensión máis ou menos cognitivoemocional, polos diferentes tipos de accións partiturizadas ou codificadas nunha dramaturxia destinada a un espectáculo teatral (xa sexa nun escenario teatral, xa sexa no escenario da nosa mente). Por tanto, concibimos as accións que se dispoñen nunha dramaturxia como os estímulos que, segundo a súa natureza, materialidade e nivel de incidencia ou aparición-presenza, xeran un determinado grao de tensión atractiva na recepción. Concluimos, asemade, que esa diversidade tipolóxica de accións estimuladoras establecen diferentes modalidades de relación e contacto que, nesta tese, estudamos como mecanismos rítmicos. A través da práctica da análise rítmica de obras de dramaturxia, fomos capaces de deducir que esas modalidades relacionais comprenden unha mecánica específica á hora de producir tensión. Un mecanismo, segundo algunhas definicións, é unha maneira de producirse unha actividade, unha función ou un fenómeno. O grao de tensión rítmica que desprende ou activa unha forma de contactar ou conectar, entre os diversos tipos de accións, constitúe o que denominamos mecanismo rítmico. Trátase dunha engrenaxe dinámica de diversos tipos de accións que desprende ou produce un determinado grao de tensión rítmica constatable e perceptible. Estas engrenaxes dinámicas, que chamamos mecanismos rítmicos, exercen, ademais, unha alteración ou modificación do grao de tensión rítmica propio de cada unha das accións que se cinguen e entran en contacto. Unha vez conquerida esta conclusión imponse o estudo e determinación de cales son os principais mecanismos rítmicos, os que máis aparecen nas dramaturxias das diferentes épocas, lugares, xéneros e estilos. Os que máis aparecen ao longo do repertorio da dramaturxia universal e tamén os que maior poder de xeración rítmica posúen. Nisto é no que máis se extende a reflexión teórica e os exemplos e exercicios prácticos de análise rítmica que se conteñen nesta tese doutoral así como no seu apéndice.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno