O obxectivo desta tese é o de facer a historia da actividade matemática habida en Galicia ou levada a cabo por persoaxes relacionados con Galicia, durante os séculos XVIII e XIX. Comeza con Feijoo, punto de arranque da nosa ilustración científica, e termina con Fernández Dieguez, morto xa neste século. Algúns dos personaxes estudiados, como Rodriguez ou Fontán, adicáronse a aplicar técnicas de levantamento de mapas, e outros propagaron teorías pouco coñecidas entre nos, como Dominguez Hervella coa xeometría analítica, Vazquez Illa coa teoría de números e Vázquez Queipo cos logaritmos.
Pero a meirande parte deles traballaron sobre teoremas clásicos e encontraron novas demostracións. Así, Varela de la Iglesia chegou a unha curiosa demostración do teorema de Heron, Mosquera Quiroga millorou o procedemento tradicional de calculo de raíces cubicas e Duran Loriga encontrou unha demostración elemental do teorema de Newton sobre as sumas simples das raíces dunha ecuación. Este ultimo tivo ademais aportacións orixinais na xeometría do triangulo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados