Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Estudo de elementos ópticos de gradiente de índice de simetría esférica

José Ramón Flores Seijas

  • A memoria presenta unha revisión da teoria de lentes GRIN estigmáticas converxentes, coma un primeiro paso para propoñer o deseño de novos elementos de gradiente de índice, con simetría esférica, mediante a técnica da función de deflexión. Asemade se propoñen solucións máis explícitas ou numéricas de problemas clásicos de focalización con gradiente esférico.

    Suminístrase un análise dos diversos métodos para a implementación dos novos elementos diseñados, suliñando o procedemento para obter os novos perfiles de índice orixinais desta memoria, así como as dificultades e solucións posibles para a produción tecnolóxica dos mesmos. Finalmente, preséntanse diversas técnicas de trazado de raios, adaptadas especialmente aos novos elementos GRIN deseñados e analizados na memoria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus