Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Obra lírica de Eduardo Pondal.: edición crítica

Manuel Ferreiro Fernández

  • A tese consiste unha edición crítica da lírica de Eduardo Pondal, ordenada cronolóxicamente. Depois duns capítulos introdutorios sobre fontes, criterios de edición, lingua e aspectos literario-biográficos, pasase á edición de Queixumes dos pinos (1886), O dolmen de Dombate (1895) e A campana de Anllóns (1895). Na continuación agrúpanse os poemas impresos, publicados en diferentes xornais ou revistas galegas ou estranxeiras.

    A edición do corpus galego impreso vai acompañada dun glosario.

    O capítulo de anexos aparece dividido en varios capítulos segundo fagan referencia á biografía, á edición ou ao glosario.

    En primeiro lugar axúntanse todos os documentos relativos á vida e ao contexto cultural da época. O segundo grupo recolle a edición -tamén crítica- da poesía en español, da novela e da poesía manuscrita nas dúas linguas.

    Finalmente, depois das conclusións recóllense en dous apéndices as obras líricas galegas do período de mocidade que mais tarde foron integradas en Obras Completas, e a reprodución fotocopiada dos principais manuscritos utilizados na edición da obra lírica do bardo bergantiñán.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus