A afirmación central desta tese é que a Enfermidade Mental Grave (EMG) se constitúe nunha multitude complexa de procesos sociais entrelazados. A totalidade destes procesos comunícanse na expresión EMG asignándoselle nela unha falsa realidade ontolóxica. Ao converter os nomes, as comunicacións e as expectativas en cousas créanse modelos de realidade. Os conceptos como Enfermidade Mental, tolemia, loucura ou trastorno psiquiátrico (entre outros similares) designan paquetes de relacións e expectativas, non só estados do mundo, e dende logo, non unicamente estados psicolóxicos dunha conciencia . O obxectivo central desta investi gación é describir, dende a socioloxía, esa rede complexa encerrada na EMG nun estudo centrado en Galicia. Só entendendo estes nomes como conxuntos de relacións, devolvéndolles a súa complexidade se poderán abolir inferencias mal encamiñadas pero ben intencionadas; e incrementar, polo tanto, a nosa comprensión compartida da EMG.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados