Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As viaxes pola nosa terra e as razóns da súa escrita no pimeiro terzo do século XX

  • Autores: Alberto Allegue Leira
  • Directores de la Tesis: Carme Fernández Pérez-Sanjulián (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2011
  • Idioma: español
  • Número de páginas: 397
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Justo G. Beramendi (presid.), Francisco Salinas Portugal (secret.), María Pilar García Negro (voc.), Manuel Santiago Fernández Álvarez (voc.), Dolores Vilavedra Fernández (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • O traballo procura explicar cinco razóns que axudan a entender a escrita, en galego, de relatos de viaxes por Galiza durante o primeiro terzo do século XX. En primeiro lugar, estudamos a relación coa política, xa que estes textos parecen formar parte dunha estratexia dos autores galeguistas para desenvolveren, baixo a censura, un discurso identitario que enfrontase un españolismo cada vez máis exacerbado. A seguir, examinamos o vínculo destes textos co mercado; constatamos como lingua e ideoloxía conformaban unha barreira infranqueábel para os galeguistas, autores que desatenderon as oportunidades do mercado pola súa vontade de crear un público. Despois, para mellor comprender o novidoso cultivo na nosa lingua deste subxénero literario relacionámolo con outros discursos presentes no "contraespazo público" galego que se consolidaba naquela altura, e identificámola como unha importación literaria que respostaba aos ataques sufridos polo galeguismo. En cuarto lugar, exploramos as conexións que tales relatos tiveron co turismo, actividade que viviu un gran desenvolvemento nestas décadas; os relatos de viaxes en galego buscaron unha relación coa terra sensibelmente diferente da experimentada polos turistas. Por último, ocupa a nosa análise a etnografía, unha nova disciplina que presenta moitas coincidencias cos relatos de viaxes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno