Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Imaxinarios da nenez na obra gráfica de Castelao. De Vida Gallega a Milicianos (1909-1938)

  • Autores: Diana Vilas Meis
  • Directores de la Tesis: María Victoria Carballo Calero Ramos (dir. tes.), Julio Prada Rodríguez (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2025
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María del Mar Lozano Bartolozzi (presid.), M. Yolanda Barriocanal López (secret.), José Javier Rodríguez González (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Protección del Patrimonio Cultural por la Universidad de A Coruña; la Universidad de Santiago de Compostela y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • Na presente investigación desenvólvese un estudo sobre a representación da nenez na obra gráfica de A. D. Rodríguez Castelao, que comprende dende as súas colaboracións iniciais en Vida Gallega (1909) até os álbums de guerra (Milicianos, 1938), a partires dunha lectura temática das estampas que as pon en relación co contexto histórico e xornalístico no que xurdiron, así como co resto da obra gráfica do artista. Seguindo unha metodoloxía de análise interdisciplinaria, formulamos unha historia sobre a nenez que ten como fío condutor a historia das representacións , coa pretensión de dilucidar algunhas das actitudes sociais cara a infancia na Galiza da primeira metade do século XX e, sobre todo, albiscar a orientación ideolóxica respecto do usos e funcións dos nenos e nenas que o artista amosa ao longo da súa traxectoria. Esta síntese integra o estudo histórico da Galiza deste período a rente dunha infancia vivida que puidemos cotexar cos imaxinarios proxectados polo artista. O traballo integra unha catalogación propia de máis de 1.300 estampas de Castelao, 217 de nenez e 300 estampas doutros artistas gráficos da época, extraídas todas elas das fontes primarias, xornais, boletíns e revistas periódicas ou álbums en que foron publicadas en orixe. Dita antoloxía levouse a cabo a partires do baleirado exhaustivo dos xornais Galicia. Diario de Vigo (1922-1926), Faro de Vigo (1926-1933), Vida Gallega (1909-1926, 1927-1930), Céltiga (1924-1932), A Nosa Terra (1916-1938) e El Sol (1917-1919, 1922, 1924); ademais de buscas específicas sobre colaboracións puntuais do artista en El Correo de Galicia (1912-1926), El Heraldo Gallego (1925, 1927), El Pueblo Gallego (1926), Hogar Gallego (1924), La Esfera (1918), La Ilustración española y americana (1915), La Zarpa (1922), Nova Galiza (1937-1938), Nós: Boletín mensual da cultura galega (1922) e Suevia (1916); ao que temos que sumar a obra publicada no Álbum Nós, os álbums de guerra ou Cousas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno