Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación

  • Autores: Clara Lago Caamaño
  • Directores de la Tesis: Xulio C. Sousa Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2024
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Natividad Hernández Muñoz (presid.), María Álvarez de la Granja (secret.), Alberto Gómez Bautista (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Lingüística por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Este traballo ten como finalidade contribuír a aumentar o coñecemento sobre o cambio lingüístico no léxico dispoñible do galego a partir da análise de datos do ámbito léxico da alimentación. O obxectivo fundamental desta investigación é coñecer as mudanzas que se observan entre dúas mostras de léxico dispoñible recollidas en 2008-2008 e en 2020-2021 e comprobar se algunhas das diferenzas que se rexistran gardan relación con cambios nos hábitos alimentarios.

      A metodoloxía que empregamos fundaméntase na documentación e análise das diferenzas que se observan entre as dúas mostras, cuxos datos foron obtidos a partir de probas de asociación libre realizadas a alumnado de 2º de bacharelato da provincia da Coruña. Tomamos como punto de partida as enquisas realizadas para o proxecto do Léxico dispoñible do galego (López Meirama e Álvarez de la Granja, 2014) e reproducimos a metodoloxía deste proxecto para obter datos comparables. A análise cualitativa e cuantitativa da información rexistrada en ambas mostras achegará información sobre a estabilidade do léxico dispoñible nun período de tempo breve, permitirá coñecer mellor a influencia do contexto no léxico que se rexistra nos cuestionarios e contribuirá a esclarecer aspectos relacionados co léxico dispoñible nunha lingua en situación de contacto para a que non hai moitos traballos previos sobre o tema.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno