Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Potencial das algas pardas como biomonitores de elementos contaminantes: importancia dos mecanismos de carga

  • Autores: Antón Vázquez Arias
  • Directores de la Tesis: Jesús R. Aboal Viñas (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2025
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Marina Aboal Sanjurjo (presid.), Pilar Díaz-Tapia (secret.), Rita García Seoane (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Medio Ambiente y Recursos Naturales por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Menciones:
    • Internacional
  • Calificación: Sobresaliente Cum Laude
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • A contaminación das augas costeiras por actividades humanas pon en perigo a saúde dos ecosistemas litorais. Por isto, na actualidade están xurdindo medidas lexislativas para regular este efecto, como son a Directiva Marco Europea da Auga e a Directiva Marco de Estratexia Mariña en Europa. Unha técnica que se pode empregar para avaliar a contaminación é a biomonitorización, na que se utilizan organismos dos ecosistemas que se están estudando para proporcionar información das concentracións de contaminantes no medio. Esta técnica ten dúas vertentes: a biomonitorización pasiva, para a que se usan individuos que crecen naturalmente na zona a estudar; e a biomonitorización activa, para a cal se aplican técnicas de transplante (lévanse individuos de outras zonas). Aínda que este segundo método se aplicou menos, ten unha serie de vantaxes como son que pode empregarse en sitios onde non haxa o organismo a mostrear, reduce a variabilidade espacial e xenética e mellora a interpretación temporal. Por isto, con este proxecto vaise poñer a punto a técnica de biomonitorización activa en augas costeiras mediante algas pardas, en particular algas do xénero Fucus, centrándose na contaminación por metais.

      Este programa dividiuse en 3 obxectivos concretos: 1) Desvitalización do material para transplantes: vaise analizar se é preciso empregar transplantes con algas vivas, ou se se poden desvitalizar. Para isto expoñeranse en distintos lugares transplantes con algas vivas e desvitalizadas de formas distintas, e comprobarase se a perda de peso e a captación de metais de cada maneira.

      2) Estudo das cinéticas de carga: estudarase o proceso de captación de metais; por unha banda farase un experimento de campo para determinar o tempo que tarda o material transplantado en equilibrar a súa concentración coa do medio, e por outro empregaranse técnicas de microscopía e de lavado secuencial para determinar como ocorre o proceso de carga.

      3) Establecemento da calidade do biomonitor de metais pesados: para coñecer a relación das concentracións de metais dos transplantes coas do medio expoñeranse en distintas zonas, nas que simultaneamente se captara auga do mar, para comparar estas concentracións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno