Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha xenealoxía nos límites da cidadanía. Minoría de idade e participación política (o caso español)

  • Autores: Iria Loisa Justo Fuentes
  • Directores de la Tesis: David Casado Neira (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2024
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Gabriel Gatti Casal de Rey (presid.), María Martínez González (secret.), Ignacio Irazuzta Di Chiara (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Gestión y Resolución de Conflictos. Menores, Familia y Justicia Terapéutica por la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nos actuais sistemas democráticos as persoas temos a titularidade do dereito de participación política, que nos lexitima como cidadás. Mais non somos todas donas do seu exercicio, que foi privando historicamente a diferentes grupos sociais. O sufraxio masculino, o sufraxio dos brancos ou o sufraxio dos non incapacitados tiveron en algún momento o título de sufraxio universal, deixando fóra do dereito de votar a grupo sociais como as mulleres, persoas con discapacidade, ou grupos racializados. Da mesma maneira na actualidade o sufraxio universal é sinónimo de sufraxio adulto. As persoas menores de idade oscilan entre o dereito á participación política e a exclusión do dereito de voto. As restricións da liberdade que este estado supón remata chegada á maioría legal de idade, dependendo da normativa fronte a que nos situemos. A infancia, de onde partimos no estudo da tese, unha concepción sociocultural, transfórmase no menor de idade gracias ao levantamento das nenas e nenos coma suxeitos de dereitos. O estatuto de minoridade que se establece cando se constrúe a limitación por idade do dereito ao sufraxio outorga o valor social das persoas que nesta figura transitan e crea unha figura infantilizadora que lexitima a súa custodia. A raíz de afondar na configuración da participación política das persoas menores de idade desvelouse que esta e incluso a minoría de idade en si foron deseñadas ou creadas dunha maneira secundaria. As persoas unha vez tomamos a nosa personalidade mediante a inscrición e somos titulares de todos e os mesmos dereitos e deberes que a Constitución, no caso do Reino, nos outorga debemos demostrar facultade para exercelos. Tal demostración desprázase da individualidade e óptase por que a proba sexa superada sen avaliación. É dicir, a condición necesaria para pertencer aos suxeitos lexitimados para o exercicio do sufraxio, elemento político, transmútase nun elemento de xustificación cronobiolóxica e fundamento legal. Unha vez instaurada a idade coma elemento probatorio de capacidade determínase un limiar de aceso, os 18 anos na maioría dos casos. A naturalización deste proceso lévanos a entender que a capacidade do exercicio da compoñente política da cidadanía ten relación directa coa idade cronolóxica dunha persoa. A minoría de idade non se deseñou a partir de características compartidas das persoas que están por debaixo dunha determinada idade, nin da necesidade de diferente trato das mesmas, senón que a cidadanía construíuse pechando unha das súas compoñentes e serviuse da idade para medir a idoneidade dos suxeitos, levando aparellada a constitución da figura da minoridade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno