Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudo da eliminación de drogas de abuso do organismo trala abstinencia, a través da análise en pelo

  • Autores: Ana Suárez García
  • Directores de la Tesis: María Jesús Tabernero Duque (dir. tes.), Iván Álvarez Freire (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2024
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Marcos Pérez López (presid.), Inés Sánchez Sellero (secret.), Olga López Guarnido (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Avances y Nuevas Estrategias en Ciencias Forenses por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: TESEO
  • Resumen
    • Nos últimos anos, houbo un aumento significativo no uso de matrices biolóxicas alternativas no campo da Toxicoloxía Clínica e Forense. Estas matrices complementan a información obtida mediante a análise de matrices tradicionais coma o sangue e a urina, e ofrecen unha toma de mostra menos invasiva e máis sinxela. O pelo, en particular, destaca coma unha alternativa moi útil debido á súa extensa ventá de detección, que pode abarcar meses ou incluso anos. Isto permite levar a cabo estudos retrospectivos do consumo e establecer perfís cronolóxicos.

      Un dos inconvenientes desta mostra é a dificultade para asegurar a existencia dun cese do consumo recente, xa que as drogas de abuso poden seguir incorporándose ao pelo durante un tempo, tralo inicio da abstinencia. Isto ocasiona importantes problemas aos pacientes en períodos de deshabituación, moitas veces inmersos en procesos xudiciais polos que deben demostrar a súa abstinencia. Por isto, o principal obxectivo desta Tese Doutoral foi analizar mostras de pelo de persoas adictas crónicas ás principais drogas de abuso (cocaína, opiáceos, e cannabis) que iniciaron un proceso de deshabituación, para coñecer o período no cal a droga deixa de aparecer no cabelo, e tras o cal se pode afirmar que o resultado da análise da mostra é totalmente negativo. As probas corresponden a pacientes nun programa de rehabilitación de drogas, que comezaron a abstinencia no momento da primeira toma de mostra. Cada suxeito proporcionou mostras de pelo en intervalos de 2 meses, desde o seu ingreso no programa ata os 6 meses.

      Desenvolvéronse e validáronse dous métodos analíticos (un para determinación de cocaína e opiáceos, e outro para a determinación de cannabinoides) o suficientemente sensibles e específicos xa que, por unha parte a cantidade de mostra dispoñible non sempre é moi abundante e, por outra, ao estudar a eliminación das drogas no cabelo, as cantidades destas encontradas foron baixas. A técnica analítica empregada foi o GC-MS, debido á súa alta resolución e sensibilidade.

      Os resultados obtidos demostran que, tanto para cocaína como para opiáceos, son necesarios 6 meses para poder asegurar a súa completa desaparición do pelo, polo que un resultado positivo obtido neste período no necesariamente obedece a una recaída no consumo da droga estudiada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno