Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Fronteiras internas e espazos naturais protexidos: tres análises na interface entre catro comunidades autónomas

  • Autores: Roberto Vila Lage
  • Directores de la Tesis: Juan Manuel Trillo Santamaría (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2024
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Helena Madureira (presid.), Miguel Pazos Otón (secret.), María del Carmen Mínguez García (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Durante as últimas décadas, declaráronse un elevado número de áreas protexidas transfronteirizas (TBPA). Estas figuras adoitan concibirse no marco das fronteiras internacionais; con todo, estes instrumentos tamén poden ser aplicados no caso das fronteiras internas (entendidas como os límites administrativos que separan as comunidades autónomas en España). O obxectivo principal é analizar a cooperación horizontal en materias de espazos naturais protexidos e os efectos que xera nos casos de estudo a presenza de fronteiras internas. Esta tese de doutoramento busca trasladar as bases teóricas da conservación transfronteiriza a tres reservas da biosfera situadas no límite entre Galicia, Asturias e Castela e León (Río Eo, Oscos e Terras de Burón; Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; e Ancares Leoneses); e ao parque nacional Sierra de Guadarrama, entre Castela e León e a Comunidade de Madrid. A través de técnicas de investigación cualitativas, mediante a realización de entrevistas semiestruturadas a actores destacados deses territorios, analízase a percepción sobre o funcionamento destas figuras e a cooperación interautonómica. Esta investigación confirma a aplicabilidade do concepto de TBPA ás fronteiras internas e que a cooperación horizontal entre comunidades autónomas é débil. En España, no contexto das fronteiras internas, contar con dispositivos de xestión conxunta non garante o éxito no seu funcionamento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno