Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Patrimonio muiñolóxico na cunca do río Támega

Daniel Blanco Rivero

  • Nesta tese presentamos un estudo sobre o conxunto dos muíños tradicionais de auga da contorna da cunca hidrográfica do río Támega, co obxectivo de coñecer este conxunto de bens inmobles da arquitectura tradicional galega e do Norte de Portugal e analizar a súa situación patrimonial.

    Partindo dun primeiro inventario documental do patrimonio muiñolóxico da zona de estudo, e unha vez determinado o predominio dos muíños de auga fariñeiros de rodicio horizontal, foi realizado o catálogo mediante a identificación daqueles muíños desta tipoloxía, tomando como criterio de inclusión o seu emprazamento no curso principal do río Támega. O corpus foi elaborado grazas á creación dunha ficha modelo, atendendo ás infraestruturas da auga, á arquitectura dos edificios e aos distintos mecanismos e o seu funcionamento, resultando finalmente unha base de datos xeográfica.

    A través da metodoloxía de diagnose empregada, concluímos a baixa valoración patrimonial deste conxunto e determinamos a necesidade de levar a cabo propostas para a súa xestión sostible, as cales formulamos, por un lado, arredor da recuperación dos muíños de auga para a produción de fariña tradicional e ecolóxica e para a produción de proximidade e, por outro lado, mediante accións de difusión e socialización, a través do turismo cultural e da introdución estrutural na educación regrada.

    Os cuestionarios sobre a poboación activa deseñados e realizados, e a análise dun caso concreto no cal se proxectan accións de recuperación orientadas ao turismo cultural e á difusión e posta en valor de varios muíños na parte galega da zona de estudo, revelaron resultados positivos de cara á viabilidade inicial das propostas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus