A avaliación do tracto reprodutor no gando vacún experimentou un grande avance ao longo dos anos, especialmente coa chegada da ecografía. Esta técnica atópase nun desenvolvemento continuo para sacar o máximo rendemento dos diferentes modos de exame. Así, tanto a ecografía en modo B como en modo Doppler, son útiles para realizar diferentes prácticas referidas á avaliación do corpo lúteo e dos folículos, con aplicacións directas en canto á selección de receptoras, diagnósticos de xestación e estimacións do momento da ovulación. Consecuentemente, é indispensable continuar o estudo de ambas técnicas para acadar o máximo beneficio e lograr a combinación con aproximacións novidosas, como a intelixencia artificial, e deste modo obter información obxectiva, fiable e inmediata para unha toma de decisións óptima.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados