A desinformación é un dos grandes retos que enfronta o xornalismo no contexto da sociedade rede. A evolución das novas tecnoloxías da información trouxo consigo a ruptura dos monopolios informativos creados na sociedade industrial. A democratización da produción e acceso á información foi unha das consecuencias positivas deste proceso, mais atopámonos con outras negativas. "Desinformación" é xa un concepto instalado no vocabulario da cidadanía. Esta investigación ten por obxectivo profundizar nas ferramentas e estratexias que se están desenvolvendo no xornalismo para loitar contra os fenómenos da desinformación co estalido da pandemia da COVID-19, principalmente analizando o grao protagonismo do xornalismo de datos na verificación ou fact checking nos medios de comunicación de 5 países europeos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados