Esta tese está dedicada ao estudo da configuración do espazo artístico e literario presente nas Cantigas de Santa María a través dos diversos elementos que o conforman, como a descrición textual, a súa representación pictórica ou a xeografía. O traballo estrutúrase en dúas partes: a compoñente escrita, na que se realizan as análises, e a ferramenta web, www.oslugaresdascantigas.gal, onde se poden encontrar mapas, imaxes e unha base de datos dedicada aos lugares mencionados nas Cantigas de Santa María e ás súas iluminuras. A través dun enfoque inspirado nos estudos derivados do Spatial Turn e que combina estudos de literatura, arte e novas tecnoloxías, pretendemos realizar unha nova achega ás Cantigas de Santa María, para enriquecer o noso coñecemento da obra e proporcionar novas perspectivas e ferramentas de estudo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados