Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O asociacionismo no desenvolvemento socioeducativo e cultural do Concello de Vedra. Orixes, actualidade e prospectiva

  • Autores: Iván García García
  • Directores de la Tesis: María Belén Caballo Villar (dir. tes.), Jesús Rodríguez Rodríguez (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2023
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Xosé Manuel Cid Fernández (presid.), Dolores Limón Domínguez (secret.), José Luis Muñoz Moreno (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Equidad e Innovación en Educación por la Universidad de A Coruña; la Universidad de Cantabria; la Universidad de Oviedo; la Universidad de Santiago de Compostela y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Esta investigación ten como obxectivo analizar en clave descritiva e interpretativa o tecido asociativo do Concello de Vedra estudando os antecedentes, o perfil, as accións e o impacto no seu desenvolvemento socioeducativo e cultural. Para acadar este propósito, optamos por unha metodoloxía que combinou métodos cualitativos e cuantitativos, empregando como técnicas de recollida de datos: a investigación documental, entrevistas a políticos locais, nas que contamos con seis participantes; dous grupos de discusión: un a integrantes do tecido asociativo vedrés, e outro a persoas expertas a nivel galego, e un cuestionario realizado a cincuenta e catro entidades. Os resultados indican que diferentes fitos históricos influíron na realidade asociativa de Vedra. Tamén concluímos que as entidades vedresas contan con diversas potencialidades, como pode ser o nivel de implicación da veciñanza ou a gran capacidade de acción, pero ao tempo teñen limitacións, carencias e novos desafíos que afrontar como o relevo xeracional e a necesidade de optimización dos recursos. Por outra parte, identifícase que o impacto do labor asociativo vedrés no desenvolvemento socioeducativo e cultural da veciñanza é importante tanto a nivel individual (valores, incentivo profesionalizador, recursos para a vida, de relación...), como colectivo (transformacións sociocomunitarias dos contornos e espazos de convivencia).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno