Esta tese é unha monografía sobre os libros I a IV das Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa, bispo de Burgos entre os anos 1313 e 1327. O primeiro volume está adicado integramente ao estudo sobre a figura do seu autor dende diversas perspectivas (familiar, educativa, episcopal e política) e a súa obra, fundamentalmente ao proxecto da súa maior creación, as Cronice ab origine mundi, e todas as cuestións relativas a ela. De igual maneira, reflexiónase tamén alí sobre a súa relación coa historiografía medieval, con especial atención á hispana, e realízase unha análise das fontes empregadas e detectadas. Finalmente, o segundo volume resérvase para a edición dos libros propiamente. Esta obra conservouse tan só no manuscrito P.I.4 da Biblioteca de El Escorial e, por este motivo, constitúe a base da edición.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados