Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Evaluación de la presencia de residuos de fármacos en aguas de pozos y explotaciones lecheras

María Veiga

  • español

    Teniendo en cuenta la presencia de fármacos en el ciclo del agua, cada vez más habitual, y la escasez de datos de detección de estas sustancias activas en aguas gallegas consumidas por animales y humanos, el objetivo general de esta tesis doctoral es la evaluación de la presencia de residuos de sustancias farmacológicas en agua de pozos y agua empleada en producción de alimentos, así como una primera estimación del riesgo que puede suponer el consumo de estas aguas. Este trabajo de investigación demuestra la presencia de sustancias farmacológicas en el agua consumida por animales y humanos en Galicia, observando un riesgo potencial en niños y adultos derivado de la presencia de antibióticos, en concreto sulfapiridina y sulfametizol. Aunque se necesitan más estudios, el consumo continuado de antibióticos puede dar lugar a la modificación de la microbiota intestinal, reacciones en personas alérgicas o sensibles, desarrollo de bacterias con genes de resistencia, además de interaccionar con otros fármacos administrados o ingeridos.

  • galego

    A continua liberación de substancias farmacolóxicas no medio ambiente, principalmente a través de plantas depuradoras de augas residuais e a aplicación de xurros coma abono de campos de cultivo, deu lugar á presenza destas substancias activas no medio acuático. Na última década, publicáronse numerosos traballos que proban a entrada e a presenza destas substancias activas no ciclo da auga de medio mundo. A escaseza de datos de concentración destas substancias nas augas galegas empregadas na produción animal, así como augas de uso privado, poñen de manifesto a necesidade de investigar a situación en Galicia. Polo tanto, o obxectivo desta tese doutoral é a avaliación da presenza de residuos de substancias farmacolóxicas en augas empregadas tanto na produción de leite coma en augas de pozos privados da comunidade galega, para poder realizar unha primeira estimación do risco derivado do consumo destas augas.

    A técnica analítica seleccionada foi HPLC-MS/MS xa que permite identificar e cuantificar simultaneamente un gran número de substancias de diferentes grupos terapéuticos de maneira sensible, selectiva e rápida. Tomáronse un total de 292 mostras, das cales, 52 pertencían ás salas de muxido, 122 a bebedeiros de vacas leiteiras e 118 de pozos privados. O 39% das mostras analizadas foron positivas para polo menos un dos 23 fármacos investigados, en concreto, detectouse máis dun fármaco no 29% das mostras de salas de muxido, 13% de bebedeiros e 16% das augas de pozo. Independentemente da orixe da auga, rede municipal ou subterránea, os fármacos detectados con maior frecuencia e a concentracións máis elevadas foron os antimicrobianos, seguido dos coccidiostáticos. As condicións climatolóxicas, en concreto, as precipitacións acumuladas, influíron na frecuencia da detección de sustancias farmacolóxicas nas mostras de auga subterránea. Tamén observouse un maior número de mostras positivas nas zonas de maior número de cabezas de gando na provincia de Lugo. As augas da limpeza das salas de muxido presentaron baixos niveis de substancias farmacolóxicas, as cales, por un efecto de dilución co leite non suporían un problema de saúde pública. Este traballo pon de manifesto que tanto os humanos como as vacas leiteiras consumían de maneira inesperada un ou varios fármacos, a baixas concentracións (ng/L), en algunha ocasión, de diferentes grupos terapéuticos. Aínda que son necesarios máis estudos, o consumo continuado de antimicrobianos pode dar lugar á modificación da microbiota intestinal, reaccións en persoas alérxicas ou sensibles, desenvolvemento de bacterias con xenes de resistencia, ademais de interaccionar con outros fármacos administrados ou inxeridos. No caso de humans, obtívose un risco potencial para nenos e adultos derivado da presenza de antimicrobianos na auga subterránea, en concreto, sulfapiridina e sulfametizol

  • English

    The continued release of pharmaceuticals in the environment, mainly through discharge of sewage treatment plants and application of manure as fertilizer, has led to the presence of these active substances in the aquatic environment. In the last decade, numerous works brought out the entrance and presence of these substances in the aquatic cycle all over the world. The lack of data of the presence of these types of substances in Galician water used in animal production, and in privately used water, highlights the need to investigate the situation in Galicia. Therefore, the aim of this thesis is to evaluate the presence of residues of pharmacological substances in water used in the production of milk and in private wells in the Galician community, to be able to carry out an estimation of the risk derived from the consumption of these waters.

    The selected analytical technique was HPLC-MS/MS because it allows the simultaneous identification and quantification in a sensitive, selective and rapid way, a great number of substances from different therapeutic groups. A total of 292 samples were taken, of which, 52 were from milking parlours, 122 from cows drinking troughs and 118 from private wells. The 39% of the analysed samples were positive for at least one of the 23 investigated drugs, specifically, more than one compound was detected in 29% of the samples obtained from milking parlours, in 13% of the drinking troughs and in 16% of the well samples. Independently of the origin of the water, tap water or groundwater, the drugs detected more frequently and at a higher concentration were those belonging to the group of antimicrobials, followed by those of the group coccidiostats. The climatic conditions, specifically accumulated rainfall, influenced the frequency of detection of the active substances in groundwater. Likewise, in the province of Lugo, more positive samples were observed in the areas with higher number of heads of cattle. The waters from the cleaning of the milk parlours showed low levels of pharmaceuticals, which, due to the dilution with milk would not be a possible public health problem. This work reveals that both humans and dairy cows unexpectedly consumed drugs at low concentrations (ng/L) and sometimes from different therapeutic groups. Although more studies are needed, the continued consumption of antibiotics may lead to the modification of gut microbiota, reactions in sensitive people with allergies, bacterial development with resistant genes, as well as interacting with other drugs administered or taken. In the case of humans, a potential risk for both children and adults derived from the presence of antimicrobials in groundwater, specifically sulfapyridine and sulfamethizole, was observed


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus