Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha análise socioeconómica da vulnerabilidade en Galicia: o camiño dende a escola até a inserción laboral

  • Autores: Bruno Blanco Varela
  • Directores de la Tesis: María del Carmen Sánchez Carreira (dir. tes.), Paulo Reis Mourâo (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2022
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Vítor João Pereira Domingues Martinho (presid.), Isabel Neira Gómez (secret.), Ivano Dileo Asdf (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Economía y Empresa por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • A educación constitúe un elemento fundamental para o desenvolvemento e crecemento económico. As condicións socioeconómicas familiares e territoriais poden determinar os resultados educativos e, polo tanto, son fundamentais para abordar o fracaso escolar. O fracaso escolar repercute no potencial capital humano dos países. O obxectivo principal desta tese é analizar a vulnerabilidade socioeconómica en Galicia (rexión periférica cun alto grao de equidade educativa) e o seu efecto sobre o fracaso escolar. A hipótese principal que se plantexa nesta tese é que os programas escolares sectoriais son un instrumento de política pública que permite reducir o risco de vulnerabilidade. Concretamente avalíase o efecto das políticas educativas dirixidas á redución do fracaso escolar e que relación existe co contexto familiar e individual do alumnado. Identifícanse tendencias en perspectiva comparada (análise descritiva), así como factores determinantes do fracaso escolar, tanto a nivel micro (individual) como macro (sistémico). Ademais, analízase como inflúe o nivel de formación na inserción laboral en Galicia e, en particular, as consecuencias da deserción ou do baixo nivel formativo no mercado laboral. Polo tanto, estúdanse os antecedentes da implementación da política, os seus efectos ou avaliación e, por último, as consecuencias no eido laboral. A tese combina unha revisión sistemática da literatura sobre a temática cunha análise empírica baseada en PISA e utiliza a modelización econométrica, tendo como principal novidade as regresións intercuantílicas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno