Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os festivais internacionais de teatro en Galicia (1984-2020). Achegas para unha análise histórica e artística

Roberto Pascual Rodríguez

  • Con esta investigación queremos analizar, explicar e interpretar o proceso de creación, desenvolvemento, diversificación ou especialización dos festivais internacionais de teatro en Galicia, o seu impacto no sistema teatral e a súa incidencia nas comunidades en que xorden e se desenvolven, mostrando o seu impacto tamén nos planos social, económico ou político. Unha investigación coa que tentaremos demostrar que os festivais internacionais de teatro supuxeron unha plataforma para a promoción da modernidade nunha escena anquilosada e máis recentemente para a incorporación e a apropiación das últimas tendencias e para a converxencia da escena galega na escena transnacional. Tamén unha importante oportunidade para definir un novo perfil profesional no ámbito das Artes Escénicas, o da Dirección Artística.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus