O traballo ten o obxectivo de estudar o cambio lingüístico do galego falado entre o primeiro terzo do s. XX e a primeira década do s. XXI. Os materiais que se analizan están tomados de tres proxectos de documentación xeolingüística realizados en tres momentos deste intervalo: o ALPI (1934-1935), o ALGa (1974-1977) e a NEnq (2008), denominación coa que identificamos o proxecto desenvolvido especificamente para rexistrar os datos do período máis recente. A investigación enmárcase na lingüística variacionista e na análise do cambio lingüístico en tempo real. No estudo combínase a observación do cambio lingüístico en variantes correspondentes a variables fonéticas, morfolóxicas e léxicas coa análise da súa evolución ó longo de tres etapas marcadas pola datación dos materiais empregados.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados