Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


«O un amy!» A filosofía da amizade en Confucio, Aelredo de Rievaulx e Mattèo Ricci

  • Autores: Jorge Cendón Conde
  • Directores de la Tesis: Martín González Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2022
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Paula Isabel Do Vale Oliveira e Silva (presid.), Marcelino Agís Villaverde (secret.), María Martín Gómez (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Filosofía por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O obxectivo da presente investigación é o de analizar e afondar nas mutacións históricas e ideolóxicas do concepto de amizade, asumido como problema filosófico individualcontextual, baixo a metodoloxía da Historia Intelectual, tomando como referencia a tres autores clave Confucio (en representación da cultura filosófica oriental e da época arcaico-clásica), Aelredo de Rievaulx (en representación do pensamento occidental e da época medieval) e Matteo Ricci (en representación do Renacemento e como ponte cultural entre Oriente e Occidente) e os seus escritos máis relevantes ao respecto (as Analectas, a Amizade espiritual e Da amizade). A análise do pensamento destes tres grandes autores enriquecerase co ocasional recurso comparativo a outros pensadores que, en distintas épocas e desde distintos contextos, se ocuparon da cuestión da amizade (entre outros, Mencio, Mozi, Aristóteles, Cicerón, Santo Agostiño, Pedro de Blois, Voltaire ou Li Zhi), así como co achegamento a emocións ou sentimentos sociais (o amor) ou asociais (a inimizade) lindeiros que favorezan unha mellor comprensión do fenómeno estudado. A cuestión será abordada no marco interpretativo meta-narrativo propio da noción de problema segundo esta foi asumida e desenvolvida pola historiografía cantabrixense contemporánea: como facer; é dicir, como produción histórica suxeita a una recepción múltiple (que, ao tempo, é elaboración múltiple) segundo a forma e accidentes do seu devir histórico particular.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno