O Golpe militar do 18 de xullo de 1936 converteu o territorio español en escenarios de retagarda e confrontación bélica ata 1939. Neste espazo e tempo, os sublevados chegaron ao poder por medio da acción violenta e empregaron unha serie de estratexias nas que a sociedade xogou un papel relevante. O foco da análise sitúase, precisamente, nos seus comportamentos e actitudes dentro deste contexto. A finalidade é coñecer cal foi a función da participación social nos xuízos militares instruídos e, por tanto, determinar a súa misión dentro da táctica violenta dos sublevados.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados