Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Modelización de fenómenos sociais mediante propiedades emerxentes das redes de interconexión dentro dunha comunidade

  • Autores: Mariamo Mussa Juane
  • Directores de la Tesis: Alberto Pérez Muñuzuri (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2021
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: José Manuel Rey Simón (presid.), Gonzalo Miguez Macho (secret.), Irene Sendiña Nadal (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Ciencia de Materiales por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Andentrarémonos no mundo dos sistemas complexos porque comprendemos que, dentro do marco establecido, a natureza está artellada como tal. Faremos unha introdución as redes, a súa parametrización, a que tipo de redes teóricas existen na litaratura e, a continuación, presentamos un tipo de redes reais, obtidas de Twitter. Acto seguido mergullarémonos no formalismo matemático das estruturas de Turing deslocalizadas, que dan conta desta inestabilidade en sistemas reactivo-difusivos en redes complexas. Da análise linear destes sistemas, extraeremos o obxecto matemático factor de crecemento que nos permite medir o ritmo de evolución dun sistema tras sufrir unha perturbación. O seu módulo, negativo ou positivo, indica que o sistema retorna ao estado inicial homoxéneo, no primeiro caso, ou que pode evolucionar cara a un estado de equilibrio novo, no segundo. Atopar valores positivos do factor de crecemento danos a condición necesaria para a existencia da inestabilidade. Se a nova estrutura emerxe, aparece un novo estado estable no espazo e no tempo.

      Poder escribir o sistema complexo de xeito matemático, como o fixo Turing, como unha parte reactiva dada pola cinemática do sistema máis unha parte difusiva, permítenos facer análise de diferentes sistemas que se concretan no eido social. O traballo central é a análise dos distintos ritmos evolutivos da lingua dentro do territorio galego a través do valor do factor de crecemento. Veremos como as urbes galegas sofren ritmos de evolución lingüística máis lentos en relación ao rural.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno