Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Avances na ecografía transabdominal en vacas de produción láctea

José Daniel Barreiro Vázquez

  • Con este traballo de investigación afondamos no coñecemento da ecografía abdominal no gando vacún leiteiro. Realizamos a avaliación funcional do fluxo sanguíneo do fígado e dos riles mediante ecografía Doppler e a exploración ecográfica transabdominal en modo B das glándulas adrenais. O fluxo da vea porta é turbulento de alta velocidade, mentres que a vea cava cranial e as veas hepáticas presenta un fluxo laminar. No tocante ó ril, o estudo do fluxo permite achegar uns valores de corte para os índices de resistencia, que permitirán ó veterinario clínico e/ou investigador diferenciar entre un ril san dun enfermo. O protocolo utilizado permite valorar o aspecto ecográfico e o tamaño das glándulas adrenais en vacas adultas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus