Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Identificación de novos biomarcadores de cardiotoxicidade en pacientes de cancro de mama

  • Autores: María Cebro Márquez
  • Directores de la Tesis: José Ramón González Juanatey (dir. tes.), Ricardo Lage Fernández (codir. tes.), Isabel Moscoso Galán (codir. tes.), Julio Manuel Maside Rodríguez (tut. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2021
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Miguel Antonio López Pérez (presid.), Susana Sangiao Alvarellos (secret.), Nuria Rivas Gándara (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Medicina Molecular por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O cancro de mama é o cancro de maior prevalencia en mulleres en todo o mundo. Os avances no cribado, diagnóstico temperá e na abordaxe terapéutica, realizados nas últimas décadas, resultaron nun aumento gradual das taxas de supervivencia e da esperanza de vida. Como consecuencia disto, puxéronse de manifesto os efectos prexudiciais a longo prazo que se producen asociados ó tratamento oncolóxico. Na actualidade, sábese que a cardiotoxicidade (CDTX) é unha das complicacións máis comúns asociadas ao tratamento quimioterápico e que as enfermidades cardiovasculares (CV) son a principal causa de morte entre os sobreviventes ao cancro. A predisposición á CDTX é multifactorial, vén determinada pola interacción entre factores xenéticos e ambientais e pode condicionar o acceso a un tratamento adecuado, a costa dun peor prognóstico oncolóxico. Aínda que a magnitude do problema non está clara, os datos actuais indican que é esencial considerar os factores de risco CV (idade, dieta, hábitos tóxicos, etc) e as comorbilidades do paciente (hipertensión, obesidade, enfermidade vascular periférica, diabetes e enfermidade arterial coronaria preexistente) á hora de establecer o risco de CDTX.

      Ata hai pouco, debido á súa ampla prescrición e ao maior número de estudos, a CDTX estaba asociada maioritariamente co uso de antraciclinas; con todo, na actualidade sábese que incluso os citostáticos de nova xeración se asocian coa toxicidade CV. O diagnóstico da CDTX depende de cambios na fracción de exección do ventrículo esquerdo (FEVE) nos estudios ecocardiográficos ou na detección de marcadores séricos como troponinas e péptidos natriuréticos. Isto limita o diagnóstico a un dano sintomático no cardiomiocito, que nalgúns casos é irrevesible. Polo tanto, co fin de previr e minimizar a interrupción do tratamento contra o cancro e os potenciais efectos adversos sobre o sistema cardiovascular, resulta clave a identificación de biomarcadores de CDTX subclínica.

      O obxectivo deste traballo céntrase na identificación de novos marcadores biolóxicos, como son os microARNs ou as adipokinas, que xunto cos parámetros ecocardiográficos establecidos permitan un diagnóstico subclínico de CDTX e unha mellor estratificación do paciente oncolóxico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno