Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas

Silvia Roca Baamonde

  • Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito de facer e ver cine co construír da realidade social. Ao tempo, introdúcenos de cheo no debate sobre a importancia da visibilidade e na práctica da imaxe como resistencia cultural, nun contexto crítico especialmente interesante para o estudo da produción cinematográfica de sociedades-culturas periféricas como a galega. Así, dende a perspectiva dos estudos culturais, a conceptualización e análise dos cinemas e representacións nacionais, a tese procura determinar se o cinema de ficción realizado en Galicia ofrece unha imaxe estereotipada das galegas e galegos e trata de definir os riscos fundamentais da súa caracterización.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus