Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A mitoloxía galega relacionada coa auga: Análise de contido e aproveitamento como recurso en educación

  • Autores: Rafael José Adalid Rodríguez
  • Directores de la Tesis: Xosé Manuel Cid Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2020
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • La mitología gallega relacionada con el agua: Análisis de contenido y aprovechamiento como recurso en educación.
    • Galician mythology related to wáter: Content analysis and use as an educational tool.
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Agustín Escolano Benito (presid.), María Victoria Carrera Fernández (secret.), Lia Joao Araújo Pinho (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Ciencias de la Educación y del Comportamiento por la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • O presente documento, pode ser considerado como un vestixio oral da voz do pobo, que camuflado baixo a fina seda dun mantra, inspirou e educou a numerosas xeracións durante séculos.

      É porén que, intentamos rescatar do leteo temporal unha forma da tradición e expresión oral xa case desvanecida, situada entre o lusco fusco no que se atopa a inmaterialidade patrimonial.

      Nun comezo percorreremos pola frondosa árbore patrimonial, movéndonos entre as grosas pólas da súa inmaterialidade, ata dar coa tradición e expresión oral, espazo de onde emerxen os diferentes froitos a estudo: contos, lendas e mitos transmitidos de forma oral.

      Cal pardao, furando as zumarentas froitas, distinguiremos o sabor da función e clarificación conceptual, a máis das súas características. Catamos a acedade da pel co tratamento das súas perdas, que se converterá en doce no momento en que descubrimos a resistencia e a loita contra esta, amais de cando acudamos polos máis maduros que penduran entre a rede situada nas pólas da árbore.

      Voando cara o chafariz, repousaremos sobre os elementos da natureza e o patrimonio da auga en Galicia. Acercámolo bico para beber das historias máis coñecidas da nosa localidade: Ourense. Dos personaxes míticos galegos que con ela se relacionan, e coa influencia de culturas próximas e espalladas no tempo que dan lugar a súa actual composición química.

      Contemplamos como as persoas podan as árbores unha vez que non hai froitos: a literatura popular de tradición oral na educación, os beneficios do emprego deste trinomio como ferramenta educativa, a súa presenza no Decreto, o traballo que se pode facer cos diversos plans e proxectos e de forma autónoma na aula ou fóra desta. Co fin de que, prontamente se poidan saborear de novo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno