Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Design and development of nanolubricants for the production and efficient use of the energy

José Manuel Liñeira del Río

  • Esta Tese centrouse no deseño e caracterización de nanolubricantes formados por aceites base e distintos tipos de nanopartículas como aditivos. Para este fin, estudáronse o comportamento termofísico e tribolóxico dos nanolubricantes, e a súa estabilidade. Obtivéronse nanolubricantes cunha estabilidade de ata 11 meses. Para determinar o coeficiente de fricción, o espesor do filme e o par de fricción, empregáronse catro equipos tribométricos e, para cuantificar o desgaste producido, un perfilómetro óptico 3D. Obtivéronse reducións de fricción e de desgaste (ancho de pegada) de ata 36% y 67%, respectivamente. Tamén se estudaron os mecanismos de redución do desgaste dos nanoditivos mediante microscopía electrónica de varrido e microscopía Raman confocal, entre outras.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus