Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A coeducación como chave para un desenvolvemento integral non sexista: un programa de formación para o profesorado

  • Autores: Milena Villar Varela
  • Directores de la Tesis: María José Méndez Lois (dir. tes.), María del Mar Lorenzo Moledo (tut. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Fernando Barragán Medero (presid.), Felicidad Barreiro Fernández (secret.), Trinidad Donoso Vázquez (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Educación por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • As escolas deben ser o espazo educativo desde o que contribuír a erradicar as persistentes situacións de desigualdade que sofre a sociedade actual, contempladas a nivel legal pero escasamente desenvoltas a nivel real, sendo a coeducación o modelo de ensino a desenvolver para acadar dito fin. E é que, a pesares de que se están levando a cabo iniciativas para previr e tratar de solucionar ditas situacións, se queremos acabar de raíz con elas, debemos traballar coa infancia, a través das mestras e dos mestres, xa que é onde se asumen os roles e onde o patriarcado comeza a actuar. O sexismo apréndese nestas etapas e a igualdade tamén. De aí a importancia da coeducación e a promoción dun desenvolvemento integral saudable nunha etapa da vida na cal os individuos posúen unha grande plasticidade para adaptarse á contorna.

      A coeducación é unha das ferramentas máis útiles e potentes para poder acabar coa desigualdade, e a escola constitúe unha plataforma excelente para a superación dos prexuízos sexistas e para conseguir un cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables. A coeducación é a ferramenta fundamental para a prevención de todo tipo de violencia de xénero ou discriminacións heteropatriarcais, pois parte duns principios chave: a educación de persoas libres de estereotipos; o traballo sobre os coidados; a cooperación entre as persoas; a comunicación libre de violencias e a sensibilización da comunidade educativa para propiciar un cambio de actitudes, comportamentos e contidos encamiñados a erradicar o sexismo na sociedade, e por tanto, a violencia de xénero.

      Débese construír unha cultura de igualdade desde a práctica escolar, xa que a escola é o principal escenario dos suxeitos. Pero para lograr dita construción, a intervención do profesorado, de forma activa nos procesos de cambio cara á igualdade, móstrase como un factor chave para poder operar transformacións educativas e sociais desexables, xa que a través del transmítense e reprodúcense patróns culturais.

      A formación do profesorado é fundamental. O profesorado non nace profesor/a senón que se fai, e como toda persoa, vaise ver influenciado polos estereotipos presentes na sociedade, e, sobre todo, polo seu pasado como individuo receptor no proceso de aprendizaxe. A súa formación debe estar orientada en todo momento ao contexto no que vai desenvolver a súa labor, e debe ter en conta todas e cada unha das situacións ás que debe enfrontarse. Debe tratarse dun proceso formativo que promova o desenvolvemento persoal, profesional e social, baseado na autonomía responsable do profesorado, partindo do seu contexto, para así construír novas realidades, en base ás necesidades, intereses, problemas e expectativas do alumnado, e para lograr a súa formación integral. Ademais, é fundamental incorporar en todo o proceso de formación do profesorado, a formulación dunha educación para a igualdade dos sexos e o tratamento das connotacións sexistas a través do desenvolvemento curricular.

      En base a todo isto, pódese afirmar que o obxectivo fundamental deste traballo é, ademais de dar a coñecer en profundidade os diversos mecanismos patriarcais e destacar a importancia da coeducación na consecución dunha sociedade feminista, ofrecer un programa de formación coeducativo para o profesorado que o capacite para lograr un desenvolvemento integral non sexista no seu alumnado. Preténdese que esta proposta sexa a chave que proporcione recursos ás mestras e aos mestres comprometidos e que achegue o modelo coeducativo ao profesorado que aínda non se atopa sensibilizado.

      Experimentada a implementación do programa formativo deseñado ad hoc para esta investigación, e avaliada, establécense unha serie de conclusións e suxestións que contribúen a incrementar o corpus teórico da coeducación e facilitan ás e aos profesionais do ensino intersadxs ferramentas para levar á práctica novos programas e propostas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno