Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega

  • Autores: Raquel Rodríguez Parada
  • Directores de la Tesis: Ernesto Xosé González Seoane (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Fernando Tejedo Herrero (presid.), María Álvarez de la Granja (secret.), Alexandre Rodríguez Guerra (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Lingüística por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Esta tese de doutoramento, O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega, ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas (330 se contamos as remisivas) dispostas alfabeticamente, que se ofrecen asociadas a algún dos cinco campos semánticos en que clasificamos as voces do noso corpus: o enxoval xeral, o vestiario, os materiais, o leito e o servizo de mesa. Analizamos a procedencia, difusión e pervivencia posterior do léxico vinculado a este ámbito da vida cotiá e ofrecemos unha análise contrastiva co portugués e o castelán.

      Precede ao estudo léxico unha análise da tipoloxía documental que constitúe o corpus, unhas breves achegas á historia da indumentaria e á metodoloxía empregada na realización do traballo. O corpus, de elaboración propia, está constituído por 178 documentos notariais, entre os que se atopan testamentos ou mandas testamentarias, inventarios e cartas de taxación de bens de menores. Todos son textos éditos, excepto un reconto da Catedral de Ourense, inédito, custodiado no arquivo da dita catedral, do cal ofrecemos o estudo codicolóxico, a edición crítica e o índice de topónimos e antropónimos que contén.

      As conclusións deste traballo permitiron analizar a orixe das voces relacionadas co ámbito estudado, afondar nos cambios semánticos que sufriron e coñecer como o uso da indumentaria, os tecidos e os complementos gardan unha estreita relación cos patróns sociais e culturais da época.

      Palabras chave: lexicografía medieval, lingüística diacrónica, lingüística histórica, etimoloxía, ecdótica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno