Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Historia de Unión Fenosa no marco do sector eléctrico 1982 - 2008.: Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador

Adrián Dios Vicente

  • O presente traballo ten por obxectivo analizar a vida de Unión Fenosa como unha das principais empresas do sector eléctrico español. Dende o ano 1982, no que FENOSA e Unión Eléctrica Madrileña deciden realizar a súa fusión, a compañía situarase como unha empresa de tamaño medio, que foi quen de adaptarse a diversos contextos para sobrevivir até a súa desaparición no ano 2008.

    Así, analizaranse as diversas estratexias empresariais desenvoltas pola empresa no marco do sector eléctrico, moi cambiante no período, facendo especial énfase ás condicionantes económicas, financeiras e reguladoras, determinantes nun sector como o eléctrico.

    Deste xeito, valorarase a necesidade real de realizar a fusión, así como as diversas estratexias empresariais, dende a necesidade de asumir o novo marco regulador para afrontar os problemas da débeda até a necesidade de expansión da compañía, en particular sobre a base da internacionalización e a diversificación empresarial.

    Deste xeito, o factor fundamental para a fusión entre ambas compañías pasaba pola necesidade de solventar os importantes problemas financeiros dunha estratexia de investimentos demasiado grande para as necesidades do mercado nun contexto complexo: desaceleración de consumo eléctrico, deterioro do tipo de cambio e elevados tipos de xuro. Ante esta situación a fusión preséntase como mecanismo para ampliar a escala da compañía e conseguir superar estes problemas, en paralelo á actuación do sector público, fundamental para que o sector eléctrico pervivise no tempo.

    Unha vez superados os problemas financeiros, a compañía inicia unha senda de crecemento baseada en primeiro lugar na internacionalización e diversificación da compañía ante o esgotamento do mercado natural nun sector maduro como o eléctrico en España, para posteriormente dar lugar a unha nova estratexia de retorno dos investimentos para afrontar os crecementos da demanda eléctrica de comezos da década dos 2000, o que supuxo abandonar a estratexia previa de constitución dunha empresa transnacional multiservizos para converterse nunha empresa integral da enerxía a través da expansión do negocio eléctrico e a creación dunha sección adicada ao control da cadea de valor do gas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus