Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Interaccións entre olería e metalurxia na cultura castrexa: Sítulas de bronce e as súas analoxías cerámicas

  • Autores: Cristina Seoane Novo
  • Directores de la Tesis: Josefa Rey Castiñeira (dir. tes.), Xosé Lois Armada Pita (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Alberto José Lorrio Alvarado (presid.), Raquel Casal García (secret.), Beatriz Comendador Rey (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Historia, Geografía e Historia del Arte por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O obxectivo principal desta tese doutoral é aportar unha nova perspectiva aos estudos de cerámica e metalurxia da Idade do Ferro do noroeste peninsular, establecendo paralelos entrambas producións. Durante décadas, na literatura arqueolóxica téñense feito continuas referencias á posible orixe metálica de determinadas formas e/ou decoracións dentro do catálogo cerámico castrexo. Para elo, asúmese a idea de que a cerámica e o metal dos castros non é resultado de procesos illados senón que forman parte dun contexto sociocultural específico, no que evolucionan conxuntamente, producíndose un intercambio de información entrambas artesanías. Para elo estúdanse vasillas cerámicas e metálicas en conxunto, nun intento de comprobar a que niveis e en que termos se produce o diálogo entre artesanías.

      Na tese estúdanse vasillas metálicas e cerámicas en conxunto, tratando de determinar en qué aspectos –técnicos, morfolóxicos, decorativos…– se produce o diálogo entre artesanías. O discurso artéllase en torno a dúas producións específicas: as sítulas con decoración xeométrica no caso dos metais e as vasillas perladas no das cerámicas. Realízase un inventario exhaustivo de ambas manifestacións para despois estudalos en conxunto baseado nun marco teórico sólido, asentado nos estudos previos sobre esqueuomorfismo/fenómenos de imitación que se rexistran na literatura especializada. Sobre esta base, inténtanse determinar as concordancias técnicas, decorativas e morfolóxicas e funcionais-simbólicas entrámbolos dous conjuntos de materiais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno