Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As formas cambiaron porque o mundo cambiou: construción discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar

  • Autores: Noemi Basanta Llanes
  • Directores de la Tesis: Xosé Luís Regueira Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Gabriela Prego Vázquez (presid.), Luisa Martín Rojo (secret.), Olga Castro (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Lingüística por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • Esta investigación mostra, apoiándose nun corpus de datos empíricos, que as identidades de xénero e sexualidade son un produto discursivo que emerxe en interaccións orais. Aséntase sobre o marco teórico do construcionismo social e da performance para defender a complexidade intrínseca a calquera definición identitaria e a súa dependencia con respecto ao contexto interaccional máis inmediato. Argumenta que as identidades de xénero e sexualidade son plurais e que emerxen en intersección con outras -en particular, a etapa vital, a clase e a etnicidade- cando as persoas falan sobre ligar. Alén diso, aborda con especial interese a existencia de potenciais mudanzas discursivas vinculadas a cambios sociais, pois, ao estudar a relación que existe entre estes dous parámetros, é posíbel achegarse a algúns dos procesos que rexen o cambio lingüístico na Galicia das últimas décadas e que teñen impacto na construción de identidades que ilustran novos modelos de hexemonía. Por este motivo, inscríbese no proxecto de investigación “Cambio lingüístico no galego actual”, financiado polo Ministerio de Economía y Competividad (FFI2012-33845).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno