Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Prensa e cultura: Estudo de caso: os suplementos de cultura de La Voz de Galicia e Faro de Vigo (1980-1997)

Jorge González Fernández

  • Este traballo realiza a primeira aproximación sistemática ao fenómeno xornalístico dos suplementos culturais publicados nos diarios galegos durante os anos da transición e consolidación da democracia. Para iso desenvolvemos un marco teórico que relaciona os conceptos de cultura e comunicación e ofrecemos unha perspectiva xeral dos antecedentes –que, con formatos moi variados, apenas cruzan os límites temáticos do literario-, e doutras influencias, derivadas en especial dos suplementos aparecidos no ámbito español. Centramos a nosa análise específica nos cadernos semanais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo –as cabeceiras galegas con maior difusión e autoridade- entre 1980 e 1997. O arco temporal elixido permite comprobar a evolución dos trazos destes produtos, que incorporan temáticas e xéneros novos, así como as relacións entre prensa e campos artísticos galegos nunha etapa fundamental da conformación destes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus