Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Análise dos Fondos Europeos para innovación rexional:: Avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para Galicia en 2007-2015

Diego Sande Veiga

  • Esta tese ten por obxectivo analizar o deseño e aplicación das políticas de innovación rexional dos Fondos Europeos en Galicia. O estudo parte dun enfoque estrutural e sistémico, que permitirá comprender as dinámicas do Sistema Galego de Innovación e o comportamento dos axentes relacionados con este. A través da avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para o período 2007-2015, na que se combina a explotación e cruce de datos de diversas fontes, compróbase o impacto desta iniciativa nos principais indicadores de innovación das empresas participantes en relación ao conxunto do tecido empresarial. A interpretación dos resultados realízase co enfoque amplo adoptado na tese, dentro dun contexto de fonda crise económica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus