Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central: Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada de Galicia e dos fluxos interterritoriais ocultos

  • Autores: Alberto Turnes
  • Directores de la Tesis: Xavier Vence Deza (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2018
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Estudio de los flujos fiscales directos e indirectos entre galicia y la administración central: Un análisis a través de la balanza fiscal básica y ampliada y de los flujos interterritoriales ocultos
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Santiago Lago Peñas (presid.), Oscar Rodil Marzábal (secret.), Maite Vilalta (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Economía y Empresa por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Esta tese ten por obxectivo xeral, estudar as relacións de fluxos fiscais directos e indirectos que se dan entre Galicia e a Administración Central.

      Para a análise dos fluxos fiscais directos elabórase a balanza fiscal de Galicia para o período 2002-2013, seguindo o seguinte razoamento. En primeiro lugar estímase o “saldo da balanza fiscal básica”, onde só se teñen en conta as transferencias da Administración Central do Estado ás Administracións Autonómica e Local, o gasto do Estado en bens e servizos e persoal en Galicia e o investimento real. En segundo lugar, estímase o saldo da “balanza fiscal ampliada”, onde se engaden os gastos financeiros e o gasto correspondente á protección social.

      Co obxectivo de analizar os fluxos indirectos e sendo a principal novidade que aporta este traballo, cuantifícanse os denominados fluxos interterritoriais ocultos que derivan do gasto en obra pública promovido polo o Estado en Galicia e que se materializan nos beneficios industriais e gastos xerais que obteñen as empresas contratistas..

      A partir deste punto a tese adquire unha maior dimensión, que nos permite analizar de forma mais ampla o proceso de descentralización política e fiscal en España.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno