Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Proliferación de linfocitos T humanos en relación coa expresión e localización de CD45RO

Amparo Pérez Díaz

  • CD45RO é unha proteína transmembrana con actividade tirosín-fosfatasa involucrada en eventos primarios de sinalización vía TCR en linfocitos T e que aparece asociada con outras proteínas importantes como CD26. A expresión de CD45RO e das moléculas que se asocian a ela está regulada pola IL-12, unha citoquina proinflamatoria que participa no desenvolvemento da resposta Th1. Neste traballo estúdase como os diferentes niveis de expresión de CD45RO (que se ven afectados pola coestimulación dos linfocitos con distintas citoquinas e tamén pola acción de ADA), así como a súa localización en microdominios raft de membrana plasmática ou a súa asociación con CD26, están relacionados coas taxas de proliferación en distintos tipos de linfocitos T humanos e a relación que existe entre a expresión destas proteínas e os fenotipos efector e regulador dos linfocitos T.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus